Actividades
centros educativos
Proxectos sociais
Empresas
Competencia
Unha das partes máis importantes da esgrima é poñer en práctica a nosa aprendizaxe a través da competición. A participación en eventos amosaranos, ademais dos avances que estamos a facer, a nosa capacidade para traballar baixo presión.
Ao longo dos anos, o deporte de alto nivel serviu de exemplo á hora de trasladar o mundo da competición á empresa.
A consecución dos obxectivos e como levalos a cabo é unha das prioridades do deporte e das empresas.
Por este motivo creamos un modelo de actividade centrado na empresa.
Dende hai oito anos o noso técnico desenvolveu múltiples programas sociais desenvolvidos pola Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña. O obxectivo destas actividades é difundir os valores e beneficios da actividade física. A través da esgrima, ensinamos a mozos e adultos en risco de exclusión social a adquirir hábitos de vida saudables .
Actividades centradas na difusión dos valores e propiedades do noso deporte.
Estas actividades estarán formadas por tres ou catro clases nas que ensinaremos as características básicas da esgrima ao alumnado dos centros educativos coruñeses.